Gobierno de España. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad. Imserso Logo del Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia Portal de la Dependencia

Buscar nos contidos de Imserso

Seccións informativas

CAPÍTULO III A dependencia e a súa valoración

Artigo 26. Graos de dependencia.

1. A situación de dependencia clasificarase nos seguintes graos:

  1. Grao I. Dependencia moderada: cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria polo menos unha vez ao día ou ten necesidades de apoio intermitente ou limitado para a súa autonomía persoal.
  2. Grao II. Dependencia severa: cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria dúas ou tres veces ao día, pero non quere o apoio permanente dun coidador ou ten necesidades de apoio extenso para a súa autonomía persoal.
  3. Grao III. Gran dependencia: cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria varias veces ao día e, pola súa perda total de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, necesita o apoio indispensable e continuo doutra persoa ou ten necesidades de apoio xeneralizado para a súa autonomía persoal.

2. Cada un dos graos de dependencia establecidos no punto anterior clasificarase en dous niveis, en función da autonomía das persoas e da intensidade do coidado que require.

3. Os intervalos para a determinación dos graos e niveis estableceranse no baremo a que se refire o artigo seguinte.

Artigo 27. Valoración da situación de dependencia.

1. As comunidades autónomas determinarán os órganos de valoración da situación de dependencia, que emitirán un ditame sobre o grao e o nivel de dependencia, con especificación dos coidados que a persoa poida requirir. O Consello Territorial deberá acordar uns criterios comúns de composición e actuación dos órganos de valoración das comunidades autónomas que, en todo caso, terán carácter público.

2. O grao e os niveis de dependencia, para os efectos da súa valoración, determinaranse mediante a aplicación do baremo que se acorde no Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, para a súa posterior aprobación polo Goberno mediante real decreto. O devandito baremo terá entre os seus referentes a Clasificación Internacional do Funcionamento, a Discapacidade e a Saúde (CIF), adoptada pola Organización Mundial da Saúde.

3. O baremo establecerá os criterios obxectivos de valoración do grao de autonomía da persoa, da súa capacidade para realizar as distintas actividades da vida diaria, os intervalos de puntuación para cada un dos graos e niveis de dependencia, e o protocolo cos procedementos e técnicas que se deberán seguir para a valoración das aptitudes observadas, de ser o caso.

4. O baremo valorará a capacidade da persoa para levar a cabo por si mesma as actividades básicas da vida diaria, así como a necesidade de apoio e supervisión para a súa realización por persoas con discapacidade intelectual ou con enfermidade mental.

5. A valoración realizarase tendo en conta os correspondentes informes sobre a saúde da persoa e sobre o contorno en que viva, e considerando, de ser o caso, as axudas técnicas, órteses e próteses que lle fosen prescritas.

© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009

Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o soliciteAbre nova fiestra.