Portal de la Dependencia
1. O procedemento iniciarase por instancia da persoa que poida estar afectada por algún grao de dependencia ou de quen teña a súa representación, e a súa tramitación axustarase ás previsións establecidas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, coas especificidades que resulten desta lei.
2. O recoñecemento da situación de dependencia efectuarase mediante resolución expedida pola Administración autonómica correspondente á residencia do solicitante e terá validez en todo o territorio do Estado.
3. A resolución a que se refire o punto anterior determinará os servizos ou as prestacións que lle corresponden ao solicitante segundo o grao e o nivel de dependencia.
4. No suposto de cambio de residencia, a comunidade autónoma de destino determinará, en función da súa rede de servizos e prestacións, os que lle correspondan á persoa en situación de dependencia.
5. Os criterios básicos de procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e as características comúns do órgano e profesionais que procedan ao recoñecemento serán acordados polo Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.
6. Os servizos de valoración da situación de dependencia, a prescrición de servizos e prestacións e a xestión das prestacións económicas previstas nesta lei serán efectuados directamente polas administracións públicas e non poderá ser obxecto de delegación, contratación ou concerto con entidades privadas.
1. No marco do procedemento de recoñecemento da situación de dependencia e as prestacións correspondentes, os servizos sociais correspondentes do sistema público establecerán un programa individual de atención no cal se determinarán as modalidades de intervención máis axeitadas ás súas necesidades de entre os servizos e prestacións económicas previstos na resolución para o seu grao e nivel, coa participación logo de consulta e, de ser o caso, elección entre as alternativas propostas do beneficiario e, de ser o caso, da súa familia ou entidades tutelares que o representen.
2. O programa individual de atención será revisado:
1. O grao ou nivel de dependencia será revisable, por instancia do interesado, dos seus representantes ou de oficio polas administracións públicas competentes, por algunha das seguintes causas:
2. As prestacións poderán ser modificadas ou extinguidas en función da situación persoal do beneficiario, cando se produza unha variación de calquera dos requisitos establecidos para o seu recoñecemento, ou por incumprimento das obrigas reguladas nesta lei.
A percepción dunha das prestacións económicas previstas nesta lei deducirá da súa contía calquera outra prestación de análoga natureza e finalidade establecida nos réximes públicos de protección social. En particular, deducirase o complemento de grande invalidez regulado no artigo 139.4 da Lei xeral da Seguridade Social, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, o complemento da asignación económica por fillo a cargo maior de 18 anos cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 75%, o de necesidade doutra persoa da pensión de invalidez non contributiva, e o subsidio de axuda a terceira persoa da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos (LISMI).
© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009
Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o solicite
.