Portal de la Dependencia
Ten por finalidade previr a aparición ou o agravamento de enfermidades ou discapacidades e das súas secuelas, mediante o desenvolvemento coordinado, entre os servizos sociais e de saúde, de actuacións de promoción de condicións de vida saudables, programas específicos de carácter preventivo e de rehabilitación dirixidos ás persoas maiores e persoas con discapacidade e aos que se ven afectados por procesos de hospitalización complexos. Con este fin, o Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia acordará criterios, recomendacións e condicións mínimas que deberían cumprir os plans de prevención das situacións de dependencia que elaboren as comunidades autónomas, con especial consideración dos riscos e das actuacións para as persoas maiores.
1. O servizo de teleasistencia facilítalles asistencia aos beneficiarios mediante o uso de tecnoloxías da comunicación e da información, con apoio dos medios persoais necesarios, en resposta inmediata ante situacións de emerxencia, ou de inseguranza, soidade e illamento. Pode ser un servizo independente ou complementario á de axuda a domicilio.
2. Este servizo prestaráselles ás persoas que non reciban servizos de atención residencial e así o estableza o seu programa individual de atención.
O servizo de axuda a domicilio constitúeo o conxunto de actuacións levadas a cabo no domicilio das persoas en situación de dependencia co fin de atender as súas necesidades da vida diaria, prestadas por entidades ou empresas, acreditadas para esta función:
1. O servizo de centro de día ou de noite ofrécelles unha atención integral durante o período diúrno ou nocturno ás persoas en situación de dependencia co obxectivo de mellorar ou manter o mellor nivel posible de autonomía persoal e apoiar as familias ou os coidadores. En particular, cobre, desde un enfoque biopsicosocial, as necesidades de asesoramento, prevención, rehabilitación, orientación para a promoción da autonomía, habilitación ou atención asistencial e persoal.
2. A tipoloxía de centros incluirá centros de día para menores de 65 anos, centros de día para maiores, centros de día de atención especializada pola especificidade dos coidados que ofrecen e centros de noite, que se adecuarán ás peculiaridades e idades das persoas en situación de dependencia.
1. O servizo de atención residencial ofrece, desde un enfoque biopsicosocial, servizos continuados de carácter persoal e sanitario.
2. Este servizo prestarase nos centros residenciais habilitados para o efecto segundo o tipo de dependencia, grao desta e intensidade de coidados que precise a persoa.
3. A prestación deste servizo pode ter carácter permanente, cando o centro residencial se converta na residencia habitual da persoa, ou temporal, cando se atendan estadías temporais de convalecencia ou durante vacacións, fins de semana e enfermidades ou períodos de descanso dos coidadores non profesionais.
4. O servizo de atención residencial será prestado polas administracións públicas en centros propios e concertados.
© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009
Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o solicite
.