Portal de la Dependencia
1. A prestación económica, que terá carácter periódico, recoñecerase, nos termos que se estableza, unicamente cando non sexa posible o acceso a un servizo público ou concertado de atención e coidado, en función do grao e nivel de dependencia e da capacidade económica do beneficiario, de acordo co previsto no convenio celebrado entre a Administración xeral do Estado e a correspondente comunidade autónoma.
2. Esta prestación económica de carácter persoal estará, en todo caso, vinculada á adquisición dun servizo.
3. As administracións públicas competentes supervisarán en todo caso o destino e utilización destas prestacións ao cumprimento da finalidade para a que foron concedidas.
1. Excepcionalmente, cando o beneficiario estea sendo atendido polo seu ámbito familiar, e se reúnan as condicións establecidas no artigo 14.4, recoñecerase unha prestación económica para coidados familiares.
2. Logo de acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, estableceranse as condicións de acceso a esta prestación, en función do grao e nivel recoñecido á persoa en situación de dependencia e da súa capacidade económica.
3. O coidador deberase axustar ás normas sobre afiliación, alta e cotización á Seguridade Social que se determinen regulamentariamente.
4. O Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia promoverá accións de apoio aos coidadores non profesionais que incorporarán programas de formación, información e medidas para atender os períodos de descanso.
A prestación económica de asistencia persoal ten como finalidade a promoción da autonomía das persoas con gran dependencia. O seu obxectivo é contribuír á contratación dunha asistencia persoal, durante un número de horas, que lle facilite ao beneficiario o acceso á educación e ao traballo, así como unha vida máis autónoma no exercicio das actividades básicas da vida diaria. Logo do acordo de Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, estableceranse as condicións específicas de acceso a esta prestación.
A contía das prestacións económicas reguladas nos artigos desta sección será acordada polo Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, para a súa aprobación posterior polo Goberno mediante real decreto.
© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009
Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o solicite
.