Portal de la Dependencia
1. O financiamento do Sistema será o suficiente para garantir o cumprimento das obrigas que lles correspondan ás administracións públicas competentes e determinarase anualmente nos correspondentes orzamentos.
2. A Administración xeral do Estado asumirá integramente o custo derivado do previsto no artigo 9.
3. No marco de cooperación interadministrativa previsto no artigo 10, os convenios que se subscriban entre a Administración xeral do Estado e cada unha das administracións das comunidades autónomas determinarán as obrigas asumidas por cada unha das partes para o financiamento dos servizos e prestacións do sistema. Os devanditos convenios, que poderán ser anuais ou plurianuais, recollerán criterios de repartición tendo en conta a poboación dependente, a dispersión xeográfica, a insularidade, emigrantes retornados e outros factores, e poderán ser revisados polas partes.
A achega da comunidade autónoma será, para cada ano, polo menos igual á da Administración xeral do Estado como consecuencia do previsto neste punto e no anterior.
1. Os beneficiarios das prestacións de dependencia participarán no financiamento destas, segundo o tipo e o custo do servizo e a súa capacidade económica persoal.
2. A capacidade económica do beneficiario terase tamén en conta para a determinación da contía das prestacións económicas.
3. O Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia fixará os criterios para a aplicación do previsto neste artigo, que serán desenvolvidos nos convenios a que se refire o artigo 10.
Para fixar a participación do beneficiario, terase en conta a distinción entre servizos asistenciais e de manutención e hoteleiros.
4. Ningún cidadán quedará fóra da cobertura do sistema por non dispor de recursos económicos.
© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009
Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o solicite
.