Portal de la Dependencia
1. O Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia garante as condicións básicas e o contido común a que se refire esta lei; serve de canle para a colaboración e participación das administracións públicas, no exercicio das súas respectivas competencias, en materia de promoción da autonomía persoal e a atención e protección ás persoas en situación de dependencia; optimiza os recursos públicos e privados dispoñibles, e contribúe á mellora das condicións de vida dos cidadáns.
2. O Sistema configúrase como unha rede de utilización pública que integra, de forma coordinada, centros e servizos, públicos e privados.
3. A integración no Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia dos centros e servizos a que se refire este artigo non suporá alteración ningunha no réxime xurídico da súa titularidade, administración, xestión e dependencia orgánica.
A protección da situación de dependencia por parte do sistema prestarase nos termos establecidos nesta lei e de acordo cos seguintes niveis:
1. Créase o Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia como instrumento de cooperación para a articulación do sistema. O Consello estará constituído polo titular do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e por un representante de cada unha da comunidades autónomas e a devandita representación recaerá no membro do Consello de Goberno respectivo que teña ao seu cargo as competencias na materia. Integrará, igualmente, o Consello un número de representantes dos diferentes departamentos ministeriais. Na composición terán maioría os representantes das comunidades autónomas.
2. Sen prexuízo das competencias de cada unha das administracións públicas integrantes, correspóndelle ao Consello, ademais das funcións que expresamente lle atribúe esta lei, exercer as seguintes:
O Consello Territorial do Sistema, unha vez constituído, acordará as súas normas en canto a funcionamento e presidencia.
1. O Goberno, oído o Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, determinará o nivel mínimo de protección garantido para cada un dos beneficiarios do sistema, segundo o grao e o nivel da súa dependencia, como condición básica de garantía do dereito á promoción da autonomía persoal e atención á situación de dependencia.
2. O financiamento público deste nivel de protección será por conta da Administración xeral do Estado, que fixará anualmente os recursos económicos na Lei de orzamentos xerais do Estado de acordo cos criterios establecidos no artigo 32.
1. No seo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, a Administración xeral do Estado e as comunidades autónomas acordarán o marco de cooperación interadministrativa que se desenvolverá mediante os correspondentes convenios entre a Administración xeral do Estado e cada unha das comunidades autónomas.
2. A través dos convenios a que se refire o punto anterior, a Administración xeral do Estado e as comunidades autónomas acordarán os obxectivos, medios e recursos para a aplicación dos servizos e prestacións recollidos no capítulo II deste título, incrementando o nivel mínimo de protección fixado polo Estado de acordo co artigo 9.
3. En aplicación do previsto no punto anterior, o Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia establecerá os criterios para determinar a intensidade de protección de cada un dos servizos previstos no catálogo, e a compatibilidade e incompatibilidade entre eles, para a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.
4. Os convenios establecerán o financiamento que lle corresponda a cada Administración para este nivel de prestación, nos termos establecidos no artigo 32 e na disposición transitoria primeira desta lei, así como os termos e as condicións para a súa revisión. Igualmente, os convenios recollerán as achegas do Estado derivadas da garantía do nivel de protección definido no artigo 9.
1. No marco do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, correspóndenlles ás comunidades autónomas, sen prexuízo das competencias que lles son propias segundo a Constitución española, os estatutos de autonomía e a lexislación vixente, as seguintes funcións:
2. En todo caso, as comunidades autónomas, de conformidade co establecido no artigo 7, poderán definir, con cargo aos seus orzamentos, niveis de protección adicionais ao fixado pola Administración xeral do Estado en aplicación do artigo 9 e ao acordado, se é o caso, conforme o artigo 10, para os cales poderán adoptar as normas de acceso e desfrute que consideren máis axeitadas.
1. As entidades locais participarán na xestión dos servizos de atención ás persoas en situación de dependencia, de acordo coa normativa das súas respectivas comunidades autónomas e dentro das competencias que a lexislación vixente lles atribúe.
2. As entidades locais poderán participar no Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na forma e condicións que o propio Consello dispoña.
© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009
Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o solicite
.