Portal de la Dependencia
1. O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, a través do organismo competente, establecerá un sistema de información do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia que garanta a dispoñibilidade da información e a comunicación recíproca entre as administracións públicas, así como a compatibilidade e articulación entre os distintos sistemas. Para iso, no seo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia acordaranse os obxectivos e contidos da información.
2. O sistema conterá información sobre o Catálogo de servizos e incorporará, como datos esenciais, os relativos a poboación protexida, recursos humanos, infraestruturas da rede, resultados obtidos e calidade na prestación dos servizos.
3. O sistema de información recollerá especificamente a realización de estatísticas para fins estatais en materia de dependencia, así como as de interese xeral supracomunitario e as que deriven de compromisos con organizacións supranacionais e internacionais.
1. O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, a través da utilización preferente das infraestruturas comúns de comunicacións e servizos telemáticos das administracións públicas, porá á disposición do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia unha rede de comunicacións que facilite e dea garantías de protección ao intercambio de información entre os seus integrantes.
2. O uso e a transmisión da información nesta rede estará sometido ao cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e aos requirimentos de certificación electrónica, sinatura electrónica e cifrado, de acordo coa lexislación vixente.
3. A través da dita rede de comunicacións intercambiarase información sobre as infraestruturas do sistema, a situación, grao e nivel de dependencia dos beneficiarios das prestacións, así como calquera outra derivada das necesidades de información no Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.
© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009
Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o solicite
.