Gobierno de España. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad. Imserso Logo del Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia Portal de la Dependencia

Buscar nos contidos de Imserso

Seccións informativas

CAPÍTULO V Órganos consultivos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia

Artigo 40. Comité Consultivo.

1. Créase o Comité Consultivo do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia como órgano asesor, adscrito ao Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, mediante o cal se fai efectiva de xeito permanente a participación social no sistema e se exerce a participación institucional das organizacións sindicais e empresariais neste.

2. As súas funcións serán as de informar, asesorar e formular propostas sobre materias que resulten de especial interese para o funcionamento do devandito Sistema.

3. A composición do Comité terá carácter tripartito, en canto que integrado polas administracións públicas, as organizacións empresariais e as organizacións sindicais, e paritario entre administracións públicas por unha parte e organizacións sindicais e empresariais por outra, nos termos establecidos no seguinte punto. Os acordos do Comité adoptaranse por maioría dos votos emitidos en cada unha das partes, requirindo así a maioría dos votos das administracións públicas e a maioría dos votos das organizacións sindicais e empresariais.

4. O Comité Consultivo estará presidido polo representante da Administración xeral do Estado que designe o titular do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. O seu funcionamento regularase polo seu regulamento interno. Estará integrado polos seguintes membros, nomeados nos termos que se establezan regulamentariamente:

  1. Seis representantes da Administración xeral do Estado.
  2. Seis representantes das administracións das comunidades autónomas.
  3. Seis representantes das entidades locais.
  4. Nove representantes das organizacións empresariais máis representativas.
  5. Nove representantes das organizacións sindicais máis representativas.

Artigo 41. Órganos consultivos.

1. Serán órganos consultivos de participación institucional do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia os seguintes:

Comité Consultivo do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.
Consello Estatal de Persoas Maiores.
Consello Nacional da Discapacidade.
Consello Estatal de Organizacións non Gobernamentais de Acción Social.

2. As funcións dos devanditos órganos serán as de informar, asesorar e formular propostas sobre materias que resulten de especial interese para o funcionamento do sistema.

© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009

Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o soliciteAbre nova fiestra.