Gobierno de España. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad. Imserso Logo del Sistema para la Autonomía y Atención a la Dependencia Portal de la Dependencia

Buscar nos contidos de Imserso

Seccións informativas

CAPÍTULO I Medidas para garantir a calidade do sistema

Artigo 34. Calidade no Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.

1. O Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia fomentará a calidade da atención á dependencia co fin de asegurar a eficacia das prestacións e servizos.

2. Sen prexuízo das competencias de cada unha das comunidades autónomas e da Administración xeral do Estado, establecerase, no ámbito do Consello Territorial, a fixación de criterios comúns de acreditación de centros e plans de calidade do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, dentro do marco xeral de calidade da Administración xeral do Estado.

3. Así mesmo, sen prexuízo das competencias das comunidades autónomas e da Administración xeral do Estado, o Consello Territorial acordará:

  1. Criterios de calidade e seguranza para os centros e servizos.
  2. Indicadores de calidade para a avaliación, a mellora continua e a análise comparada dos centros e servizos do sistema.
  3. Guías de boas prácticas.
  4. Cartas de servizos, adaptadas ás condicións específicas das persoas dependentes, baixo os principios de non-discriminación e accesibilidade.

Artigo 35. Calidade na prestación dos servizos.

1. Estableceranse estándares esenciais de calidade para cada un dos servizos que conforman o catálogo regulado nesta lei, logo de acordo de Consello Territorial de Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.

2. Os centros residenciais para persoas en situación de dependencia deberán dispor dun regulamento de réxime interior, que regule a súa organización e funcionamento, que inclúa un sistema de xestión de calidade e que estableza a participación dos usuarios, na forma que determine a Administración competente.

3. Atenderase, de xeito específico, á calidade no emprego así como a promover a profesionalidade e potenciar a formación naquelas entidades que aspiren a xestionar prestacións ou servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.

© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009

Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o soliciteAbre nova fiestra.