Portal de la Dependencia
1. Esta lei ten por obxecto regular as condicións básicas que garantan a igualdade no exercicio do dereito subxectivo de cidadanía á promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, nos termos establecidos nas leis, mediante a creación dun Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, coa colaboración e participación de todas as administracións públicas e a garantía pola Administración xeral do Estado dun contido mínimo común de dereitos para todos os cidadáns en calquera parte do territorio do Estado español.
2. O Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia responderá a unha acción coordinada e cooperativa da Administración xeral do Estado e as comunidades autónomas, que conterá medidas en todas as áreas que afectan as persoas en situación de dependencia, coa participación, se é o caso, das entidades locais.
Para os efectos desta lei, enténdese por:
1. Autonomía: a capacidade de controlar, afrontar e tomar, por propia iniciativa, decisións persoais verbo de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias así como de desenvolver as actividades básicas da vida diaria.
2. Dependencia: o estado de carácter permanente en que se atopan as persoas que, por razóns derivadas da idade, a enfermidade ou a discapacidade, e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención doutra ou doutras persoas ou axudas importantes para realizaren actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, doutros apoios para a súa autonomía persoal.
3. Actividades Básicas da Vida Diaria (ABVD): as tarefas máis elementais da persoa, que lle permiten desenvolverse cun mínimo de autonomía e independencia, tales como: o coidado persoal, as actividades domésticas básicas, a mobilidade esencial, recoñecer persoas e obxectos, orientarse, entender e executar ordes ou tarefas sinxelas.
4. Necesidades de apoio para a autonomía persoal: as que requiren as persoas que teñen discapacidade intelectual ou mental para faceren efectivo un grao satisfactorio de autonomía persoal no seo da comunidade.
5. Coidados non profesionais: a atención prestada a persoas en situación de dependencia no seu domicilio, por persoas da familia ou do seu ámbito, non vinculadas a un servizo de atención profesionalizada.
6. Coidados profesionais: os prestados por unha institución pública ou entidade, con e sen ánimo de lucro, ou profesional autónomo, entre cuxas finalidades se encontre a prestación de servizos a persoas en situación de dependencia, xa sexa no seu fogar ou nun centro.
7. Asistencia persoal: servizo prestado por un asistente persoal que realiza ou colabora en tarefas da vida cotiá dunha persoa en situación de dependencia, de cara a fomentar a súa vida independente, promovendo e potenciando a súa autonomía persoal.
8. Terceiro sector: organizacións de carácter privado xurdidas da iniciativa cidadá ou social baixo diferentes modalidades, que responden a criterios de solidariedade, con fins de interese xeral e ausencia de ánimo de lucro, que impulsan o recoñecemento e o exercicio dos dereitos sociais.
Esta lei inspírase nos seguintes principios:
1. As persoas en situación de dependencia terán dereito, con independencia do lugar do territorio do Estado español onde residan, a acceder, en condicións de igualdade, ás prestacións e aos servizos previstos nesta lei, nos termos establecidos nesta.
2. Así mesmo, as persoas en situación de dependencia desfrutarán de todos os dereitos establecidos na lexislación vixente, e con carácter especial dos seguintes:
3. Os poderes públicos adoptarán as medidas necesarias para promover e garantir o respecto dos dereitos enumerados no número anterior, sen máis limitacións no seu exercicio que as directamente derivadas da falta de capacidade de obrar que determina a súa situación de dependencia.
4. As persoas en situación de dependencia e, de ser o caso, familiares ou aqueles que os representen, así como os centros de asistencia, estarán obrigados a subministrar toda a información e os datos que lles sexan requiridos polas administracións competentes, para a valoración do seu grao e nivel de dependencia; a comunicar todo tipo de axudas personalizadas que reciban, e a aplicar as prestacións económicas ás finalidades para as que foron outorgadas; ou a calquera outra obriga prevista na lexislación vixente.
As persoas en situación de dependencia e, de ser o caso, os seus familiares ou aqueles que os representen non estarán obrigados a achegar información, datos ou documentación que consten xa en poder da Administración pública que os solicite ou que, de acordo coa lexislación vixente, poida esta obter polos seus propios medios.
1. Son titulares dos dereitos establecidos nesta lei os españois que cumpran os seguintes requisitos:
2. As persoas que, reunindo os requisitos anteriores, carezan da nacionalidade española, rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Para os menores que carezan da nacionalidade española, observarase o disposto nas leis do menor vixentes tanto no ámbito estatal coma no autonómico, así como nos tratados internacionais.
3. O Goberno poderá establecer medidas de protección a favor dos españois non residentes en España.
4. O Goberno establecerá, logo de acordo do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía e Atención a Dependencia, as condicións de acceso ao Sistema de Atención á Dependencia de emigrantes españois retornados.
© Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso) 2009
Algúns documentos poden presentar problemas de accesibilidade. O Imserso comprométese a facilitalos en formato accesible a quen o solicite
.